Hoxe toca falar dun compoñente moi importante: a fonte propulsora do noso trebello voador. Comezaremos analizando os dos dous tipos de motores eléctricos que se empregan habitualmente en drons e estes son os motores brushed (con vasoiriñas) e os motores brushless (sen vasoiriñas) Nos motores brushed non me vou parar moito, pois son os motoresSeguir lendo “Hardware: Motores”
Arquivos de autor:Duarte
Sistema FPV: Cámaras
Hoxe trataremos de forma concreta todo o relativo ás cámaras FPV, coas que está relacionado todo este mundiño. Cómpre dicir que non son un experto en cámaras, pero podemos definir unha cámara FPV como unha cámara analóxica, similar por exemplo ás cámaras de seguridade CCTV, máis baratas e con menor latencia que as cámaras dixitais.Seguir lendo “Sistema FPV: Cámaras”
Hardware dun dron freestyle
Neste artigo falaremos un pouco sobre que pezas compoñen un dron de freestyle ou de carreiras. Aclaro que son moi semellantes, e as diferenzas entre ambos radican principalmente na xeometría do cadro, na colocación da batería (superior ou inferior, variando o centro de masas) e nalgunha outra pequena característica, segundo se queiran orientar para competirSeguir lendo “Hardware dun dron freestyle”
Antes de comezar…
Un pouco de historia… Quero comezar contando como empecei eu con isto dos drons. O meu primeiro aparello foi un minidron de 18 € mercado por Amazon, e un par de meses despois dei o paso a un mítico Syma X8, de tamaño moito maior. Con eles aprendín os básicos do manexo da transmisora, a moverSeguir lendo “Antes de comezar…”
Presentación
Boas! Se estas aquí é porque probablemente che interese o mundo dos drons, porque me coñezas ou sinxelamente porque teñas curiosidade. Chámome Duarte, son estudante de Enxeñaría e son un novo afeccionado ao mundo do FPV Freestyle. O meu interese polos drons quizais veña derivado pola miña gran paixón pola aviación desde pequeno, atopando nesteSeguir lendo “Presentación”